Conta atrás para Feiradeza 2022

29-06-2022

A 37.ª edición de Feiradeza terá lugar os próximos 1, 2 e 3 de xullo no Lalín Arena, de Lalín.

Podes consultar o libro do concurso e da poxa nesta ligazón.

 


Programa de Feiradeza e Concurso Autonómico Fefriga 2021

30-07-2021

O concurso morfolóxico da raza frisona Feiradeza de Lalín trasládase este ano a finais de verán e acollerá o rexional galego da raza frisona. Desta maneira, e tras a súa anulación o ano pasado pola pandemia, os días 10, 11 e 12 de setembro haberá no concello lalinense unha cita dobre, posto que se celebrarán en paralelo o XXXVI Concurso da Raza Frisoa Feiradeza 2021 e o XXIV Concurso Autonómico Fefriga 2021. O evento desenvolverase no Lalín Area, onde estarán as casetas das empresas colaboradoras e onde se celebrarán os concursos.


Midon Edurne Maximus vence en Feiradeza 2019

08-07-2019

A frisona da imaxe é a nova gran campiona do Concurso da Raza Frisona deFeiradeza. Midon Edurne Maximus, da gandería Midon (Lalín) recibiu a palmada do triunfo de parte do xuíz portugués Henrique Moniz.


A xovenca gran campiona de Feiradeza 2019 é Carballeiras Jacoby Whitney ET

08-07-2019

Carballeiras Jacoby Whitney ET, da gandería Carballeiras (Lalín), impúxose entre as xatas e xovencas participantes no concurso de gando frisón que tivo lugar esta fin de semana semana en Feiradeza, Lalín. A decisión foi tomada polo xuíz portugués Henrique Moniz.

 


Feiradeza, esta fin de semana en Lalín

05-07-2019

A carpa anexa ao pavillón Lalín Arena, de Lalín, acollerá esta fin de semana unha nova edición do Concurso Subasta da Raza Frisona Feiradeza, que será xulgado polo portugués Henrique Moniz.

Consulta no libro de Feiradeza 2019 toda a información sobre as ganderías e animais participantes tanto no concurso como na subasta.