Feiradeza, esta fin de semana en Lalín

05-07-2019

A carpa anexa ao pavillón Lalín Arena, de Lalín, acollerá esta fin de semana unha nova edición do Concurso Subasta da Raza Frisona Feiradeza, que será xulgado polo portugués Henrique Moniz.

Consulta no libro de Feiradeza 2019 toda a información sobre as ganderías e animais participantes tanto no concurso como na subasta.


Publicada a Memoria de Africor Pontevedra 2018

05-07-2019

A Asociación para o Control Leiteiro Africor Pontevedra presenta a súa Memoria de actividades, na que recolle o labor realizado pola Asociación en 2018. Ao longo das súas 74 páxinas e 25 capítulos, o libro presenta, coma todos os anos, un recompilatorio do traballo levado a cabo así coma das iniciativas desenvoltas dende a Asociación ao longo do pasado ano, ao mesmo tempo que se amosa o traballo que se está a facer nas ganderías da provincia.

Memoria on-line

 


Manteiga Shottle Luna, vaca gran campiona Feiradeza 2018

09-07-2018

O xuíz Pol Collell outorgoulle á frisona da imaxe, propiedade da gandería Manteiga (Vila de Cruces), o premio de vaca gran campiona do XIX Concurso da Raza Frisona Feiradeza, celebrado este fin de semana en Lalín (Pontevedra).


A gandería Rato recolle o premio de xovenca gran campiona en Feiradeza

09-07-2018

A frisona da imaxe é Baroncelle Mallinger Soraya, ten 19 meses, é propiedade da gandería Rato, de Rodeiro, e desde este sábado conta coa distinción de xovenca gran campiona Feiradeza 2018. O certame foi xulgado polo xuíz internacional de Conafe Pol Collell.


Africor Pontevedra publica a súa Memoria 2017

27-06-2018

 

A Asociación de Control Leiteiro Africor Pontevedra fai pública un ano máis a súa Memoria o ano 2017. A través de 74 páxinas distribuídas en 25 capítulos, o libro recompila, entre outra información, os servizos ofrecidos aos seus asociados e as actividades realizadas, os datos de control leiteiro e os méritos das principais ganderías e dos mellores animais da provincia.

Edición on-line