Premios ás mellores ganderías da Estrada e Forcarei

07-03-2018

O Concello da Estrada, en colaboración con Africor Pontevedra, recoñeceu ás dez mellores explotacións dos municipios da Estrada e Forcarei nun acto celebrado o pasado 2 de marzo ao que asistiu a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez.


III Xornada técnica sobre mellora no manexo de gando de leite e carne

14-11-2017

O vindeiro venres 24 de novembro celebrarase no auditorio Manuel Costa Casares do municipio de Agolada a III Xornada Técnica sobre a Mellora no Manexo do Gando Bovino de Leite e de Carne Memorial Xosé Luís Xacobo, unha iniciativa promovida pola asociación O Parapeto en colaboración con Africor Pontevedra e o Concello de Agolada.

Programa

 


Carballeiras Bruno Bruna, vaca gran campiona Feiradeza 2017

10-07-2017

A frisona de sete anos propiedade da gandería Carballeiras, de Lalín, foi proclamada o domingo vaca gran campiona do 23.º Concurso de Raza Frisona Feiradeza 2017, celebrado esta fin de semana en Lalín. Bruna substitúe no posto a Baroncelle Betanzos Andrea, da gandería Rato, de Rodeiro.

Resultados completos

 


A gandería Carballeiras recolleu o premio de xovenca gran campiona Feiradeza 2017

10-07-2017

A frisona Carballeiras Beemer Niura ten 10 meses e dende o sábado conta coa distinción de xovenca gran campiona Feiradeza 2017. O certame continou o domingo coas seccións de vacas e a posterior elección da gran campiona por parte do xuíz nacional de Conafe Santiago Souto.

Resultados completos

 


Nova edición da mostra gandeira de Feiradeza en xullo

20-06-2017

O Concello de Lalín acollerá entre os días 7 e 9 de xullo a 23.ª edición do Concurso Subasta da Raza Frisona Feiradeza, organizado por Africor Pontevedra. Nesta ocasión, xulgará aos animais Santiago García Souto, xuíz nacional de Conafe. Como novidade, este ano inclúese a categoría de mellor criador de xovencas, na que cada gandaría participará con tres animais non paridos e nacidos na explotación.

Ver programa completo