Nova edición da mostra gandeira de Feiradeza en xullo

20-06-2017

O Concello de Lalín acollerá entre os días 7 e 9 de xullo a 23.ª edición do Concurso Subasta da Raza Frisona Feiradeza, organizado por Africor Pontevedra. Nesta ocasión, xulgará aos animais Santiago García Souto, xuíz nacional de Conafe. Como novidade, este ano inclúese a categoría de mellor criador de xovencas, na que cada gandaría participará con tres animais non paridos e nacidos na explotación.

Ver programa completo


A Finca Mouriscade acollerá unha xornada de xenómica e podoloxía a vindeira semana

18-04-2017

O encontro, organizado pola Deputación de Pontevedra e Conafe, terá lugar o día 25 de abril no salón de actos do Laboratorio de Mouriscade (Lalín) a partir das 11.45 horas. O obxectivo da xornada é abordar a valoración xenómica dos animais e a súa saúde podal, dous aspectos de actualidade que, realizados de forma correcta, repercuten favorablemente no seu benestar e tamén na rendibilidade económica da explotación.


Blanco Asia ET proclámase vaca gran campiona Cimag-Gandagro 2017

30-01-2017

O xuíz suízo Markus Gerber nomeu á frisona da imaxe vaca gran campiona do concurso morfolóxico celebrado no marco da feira Cimag-GandAgro. Blanco Asia ET é unha vaca de cinco anos pertencente á gandería Blanco, de Lalín (Pontevedra), proclamada tamén gran campiona de Galicia.


Vitoria para María Manteiga no Concurso de Preparadores GandAgro 2017

30-01-2017

A pontevedresa María Manteiga, da gandería Manteiga de Vila de Cruces, proclamouse campiona do X Concurso Internacional de Novos Preparadores de Gando GandAgro 2017, celebrado o xoves no marco da feira Cimag-GandAgro 2017.


Xa dispoñibles os vídeos da II Xornada Técnica sobre Gando Vacún de Agolada

16-12-2016

Os vídeos correspondentes ás charlas da II Xornada Técnica sobre Gando Vacún que tivo lugar en Agolada (Pontevedra) o pasado 25 de novembro xa están dispoñibles para visualizar na sección de televisión da revista Afriga. Algúns dos temas tratados foron as rutinas de muxido, a eficiencia na fertilización dos cultivos forraxeiros, os efectos da xenómica nos plans de selección e as novas iniciativas en cooperativas.

Ver vídeos das xornadas