O Concurso da Raza Frisona Feiradeza 2016, en vídeo!
15-09-2016
Podedes consultar na canle de TV por Internet da web da Revista Afriga os vídeos das seccións de xatas e xovencas do Concurso da Raza Frisona Feiradeza 2016, celebrado esta fin de semana en Lalín (Pontevedra) e xulgado por Roberto Saiz.
Baroncelle Betanzos Andrea gaña a final de vacas Feiradeza 2016
12-09-2016
Trátase dunha frisona de 3 anos, propiedade da gandería Rato (Rodeiro), e foi proclamada vaca gran campiona do 22.º Concurso de Raza Frisona Feiradeza 2016, celebrado esta fin de semana en Lalín. Baroncelle Betanzos Andrea substitúe no posto a Manteiga Xacobeo Clementina, da gandería Manteiga.
A gandería Carballeiras recolle o título de xovenca gran campiona Feiradeza 2016
12-09-2016
Carballeiras Mccutchen Lolita converteuse este sábado en Lalín na xovenca gran campiona Feiradeza 2016 por decisión do xuíz Quim Sabrià Puyol.
Lalín acollerá esta fin de semana unha nova edición de Feiradeza
06-09-2016
As mellores frisonas das comarcas do Deza e Tabeirós-Terra de Montes participarán esta fin de semana nunha nova edición do concurso frisón Feiradeza 2016. O sábado, a partir das catro da tarde, será a quenda das seccións de xatas e xovencas e os seus correspondentes campionatos, de onde sairá a xovenca gran campiona deste ano. A continuación, terá lugar o Concurso de Novos Manexadores.
FEIRADEZA 2.016
21-07-2016
Os próximos días 10 e 11 de Setembro celebrarase una nova edición do Concurso de FEIRADEZA 2.016, en Lalín, Pontevedra.