Agolada acolle a II Xornada Técnica sobre a mellora no manexo do gando bovino


Polo local da terceira idade de Agolada (Pontevedra) pasarán este venres 25 de novembro varios expertos no manexo de gando bovino para falar de temas como as rutinas de muxido, a eficiencia na fertilización dos cultivos forraxeiros, a produción ecolóxica ou os efectos da xenómica nos plans de selección. Na xornada, organizada pola asociación O Parapeto, tamén se abordará a nova experiencia coa queixería na cooperativa Cobideza.

Programa completo

Voltar