A Finca Mouriscade acollerá unha xornada de xenómica e podoloxía a vindeira semana


O encontro, organizado pola Deputación de Pontevedra e Conafe, terá lugar o día 25 de abril no salón de actos do Laboratorio de Mouriscade (Lalín) a partir das 11.45 horas. O obxectivo da xornada é abordar a valoración xenómica dos animais e a súa saúde podal, dous aspectos de actualidade que, realizados de forma correcta, repercuten favorablemente no seu benestar e tamén na rendibilidade económica da explotación. Para asistir é preciso anotarse a través do enderezo electrónico administracion.mouriscade@depo.es ou no teléfono 886 217 200.

Programa (PDF)

Voltar