Fefriga pide a Medio Rural melloras e ampliacións para o control leiteiro


Responsables da Federación Frisona Galega (Fefriga), entre eles Rafael Méndez, presidente de Africor Pontevedra, reuníronse esta mañá coa conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, e a directora xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, para solicitarlles a mellora e a ampliación do control leiteiro que leva a cabo o Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite (Ligal), co obxectivo de incorporar máis parámetros relacionados coa calidade e poder transmitirlle aos gandeiros unha información máis completa que repercuta na optimización do produto e da xestión das súas explotacións.

Tamén afondaron nos traballos incluídos dentro do convenio de colaboración entre a Xunta e Fefriga –como responsable do Centro Galego de Control Leiteiro (Cegacol)– destinado á realización de probas para determinar o rendemento leiteiro do gando vacún dentro do Programa Galego de selección e mellora da raza Frisona, para o período 2016-2019.

Por último, trasladaron a súa preocupación por preservar o bo status do gando galego e por limitar ao máximo posibles contaxios de enfermidades por parte de fauna salvaxe, como o xabaril.

Voltar