Achégase unha nova edición de Feiradeza


Os vindeiros días 6, 7 e 8 de xullo celebrarase o XIX Concurso Subasta da Raza Frisona Feiradeza, que se celebrará, como vén sendo habitual, na carpa anexa ao pavillón Lalín Arena, de Lalín.

O sábado pola tarde terá lugar o concurso de xatas e xovencas e o de novos manexadores e o domingo pola mañá desenvolverase o de vacas de leite e os campionatos. A continuación terá lugar a poxa de gando frisón e, para rematar, a entrega de premios e sorteos. O xuíz encargado de valorar os animais este ano será o catalán Pol Collell.

Programa

Voltar