Feiradeza, esta fin de semana en Lalín


A carpa anexa ao pavillón Lalín Arena, de Lalín, acollerá esta fin de semana unha nova edición do Concurso Subasta da Raza Frisona Feiradeza, que será xulgado polo portugués Henrique Moniz.

Mañá venres 5 de xullo terá lugar a entrada de animais. O sábado 6 de xullo inaugurarase a feira ás 16:00 horas e, a continuación, dará comezo o concurso coas seccións de xatas e xovencas. Ás 18:15 horas celebrarase o XX Concurso de Novos Manexadores.

O domigo pola mañá competirán as vacas a partir das 10:30 horas. Tras a elección da gran campiona, dará comezo, sobre as 13:15 horas, a XI Poxa de Gando Frisón. O concurso finalizará coa entrega de premios e un xantar.

Consulta no libro de Feiradeza 2019 toda a información sobre as ganderías e animais participantes tanto no concurso como na subasta.

Voltar