Conta atrás para Feiradeza 2022


A 37.ª edición de Feiradeza terá lugar os próximos 1, 2 e 3 de xullo no Lalín Arena, de Lalín.

O 1 de xullo comezará coa entrada do gando na feira a partir das 08:00 horas ata as 15:00 h e, pola tarde, terá lugar ás 17:00 h o Concurso de Novos Preparadores. Para pechar o día, inaugurarase a feira ás 19:00 h.

Durante o sábado, día 2, desenvolveranse os concursos, que darán comezo ás 10:00 ho coas seccións de xatas e xovencas. Ás 16:00 h será a quenda do Concurso de Novos Manexadores e ás 17:00 h, o Concurso de Manexo de Tractores.

Para finalizar a feira, o domingo, día 3, desenvolverase, ás 09:00 h, o Concurso de Rubia Galega e ás 09:30 h, o de vacas de leite. Os concursos de vaca frisona serán xulgados por Javier Freire, xuíz internacional de Conafe.

Ao mediodía, sobre as 14:00 h, farase entrega dos premios e levarase a cabo os sorteos, que darán lugar á comida. A continuación, realizarase a poxa de gando, que pechará a edición.

Podes consultar o libro do concurso e da poxa nesta ligazón.

 

Voltar