FEIRADEZA 2.016
XXXII EDICIÓN DE FEIRADEZA
XXII CONCURSO DE GANDO FRISÓN FEIRADEZA 2.016
Calendario de Actividades
Venres día 9 de SETEMBRO
10:00 – 18:00 h. ENTRADA DO GANDO, verificación da documentación e aloxamento no recinto.
Sábado día 10 de SETEMBRO
15:30 h. INAUGURACION DE FEIRADEZA 2016
16:00 h. Inicio do Concurso, Seccións de Xatas e Xovencas.
18:15 h. XVI Concurso Novos Manexadores
Domingo día 11 de SETEMBRO
10:30 h. Concurso de vacas de Leite e Campionatos.
13:15 h. VIII Poxa de gando frison
14:30 h. Entrega de premios e sorteos.
14:40 h Clausura e Xantar.
SECCIÓNS E TÍTULOS DO CONCURSO
NOTA: Tomaremos como referencia a data do 31 de Agosto do 2016 para encadrar os animais nas seccións.
SECCIÓN 1: Xatas ata 8 meses. Nadas despois do 1 de Xaneiro de 2.016
SECCIÓN 2: Xatas de 8 a 10 meses. Nadas entre o 1 de Outubro e o 31 de Decembro do 2.015
SECCIÓN 3: Xatas de 11 a 13 meses. Nadas entre o 1 de Xullo e o 30 de Setembro do 2.015
SECCIÓN 4: Xatas de 14 a 16 meses. Nadas entre o 1 de Abril do 2.015 e o 30 de Xuño do 2.015.
SECCIÓN 5: Xovencas de 17 a 19 meses. Nadas entre o 1 de Xaneiro do 2.015 e o 31 de Marzo do 2.015.
SECCIÓN 6: Xovencas de 20 a 22 meses. Nadas entre o 1 de Outubro do 2.014 e o 31 de Decembro do 2.014.
SECCIÓN 7: Xovencas de 23 a 28 meses. Son as femias non paridas nadas entre o 1 de Abril e o 30 de Setembro de 2.014.
SECCIÓN 8: Xata Campiona
Compiten a 1º e 2º clasificadas das seccións 1, 2, 3 e 4 ó título de Xata Campiona e Xata Subcampiona.
SECCIÓN 9: Xovenca Campiona
Compiten a 1º e 2º clasificadas das seccións 5, 6 e 7 ó título de Xovenca Campiona e Xovenca Subcampiona.
SECCIÓN 10: Gran Campionato de Xovencas
Compiten a Xata Campiona e a Xovenca Campiona ó título de Gran Campiona de Xovencas.
SECCIÓN 11: Vacas en lactación ata 30 meses. Nadas despois do 1 Marzo de 2.014.
SECCIÓN 12: Vacas en lactación de 31 a 36 meses. Nadas entre o 1 de Setembro de 2.013 e o 28 de Febreiro de 2.014.
SECCIÓN 13: Vacas en lactación de 3 anos. Nadas entre o 1 Setembro de 2.012 e o 31 de Agosto de 2.013.
SECCIÓN 14: Vacas en lactación de 4 anos. Nadas entre o 1 Setembro de 2.011 e o 31 de Agosto de 2.012.
SECCIÓN 15: Vacas en lactación de 5 anos. Nadas entre o 1 Setembro de 2.010 e o 31 de Agosto de 2.011.
SECCIÓN 16: Vacas en lactación de 6 anos ou máis. Nadas antes do 1 de Setembro de 2.010.
SECCION 17: Vacas con produción vitalícea superior a 50.000 quilos (con datos a 31 de decembro)
SECCIÓN 18: Vaca Xoven Campiona.
Compiten a 1ª e 2ª clasificadas das seccións 11 e 12. Acadando o título de vaca Xove Campiona, e Vaca Xove Subcampiona.
SECCIÓN 19:Vaca Intermedia Campiona.
Compiten a 1ª e 2ª clasificadas das seccións 13 e 14. Acadando o título de vaca Intermedia Campiona, e Vaca Intermedia Subcampiona.
SECCIÓN 20:Vaca Adulta Campiona.
Compiten a 1ª e 2ª clasificadas das seccións 15, 16 e 17. Acadando o título de Vaca Adulta Campiona, e Vaca Adulta Subcampiona.
SECCIÓN 21:Vaca premio Deputación de Pontevedra.
Compiten a 1ª e 2ª clasificadas das seccións 11, 12, 13, 14, 15, 16 e 17, nacidas na Provincia. Acadando o título de Vaca Campeona Provincial FEIRADEZA, e Vaca Subcampiona Provincial FEIRADEZA.
SECCIÓN 22:Mellor Descendencia de Vacas
Concederánselles un 1º e un 2º premio, segundo os puntos obtidos durante o concurso, ás femias nadas da mesma vaca, outorgándolle o premio ao proietario da vaca da que se puntúe a descendencia.
SECCIÓN 23:Mellor Criador
Compiten grupos de tres femias, nadas nunha mesma explotación, aínda que na actualidade pertenzan a distintos propietarios, acadando o título de Mellor Criador e 2º Mellor Criador.
SECCIÓN 24:Gran Campionato de Vacas
Compiten a Vaca Xove Campiona, a Vaca Intermedia Campiona, e a Vaca adulta Campiona, Acadando ó título de Vaca Gran Campiona.
Mellor Ubre. Concederase en cada unha das seccións de vacas un premio e título de mellor ubre da sección.
PREMIO ESPECIAL XENÉTICA FONTAO S.A, concederase o animal, filla de toros do Programa de Mellora Gandeira de Galicia, o mellor clasificado en cada sección individual según o seguinte baremo.
XATAS. Premio á mellor clasificada de cada unha das seccións (1, 2, 3 e 4) 100 €
XOVENCAS. Premio á mellor clasificada de cada unha das seccións (5, 6 e 7) 200 €
VACAS. Premio á mellor clasificada de cada unha das seccións (11, 12, 13, 14, 15, 16 e 17) 300 €
Voltar