Qué é Africor-Pontevedra e cómo funciona
A asociación conta na actualidade cuns cincocentos asociados, ganderías ás que se lle presta o servizo de Control Leiteiro a través de 15 empregados, 13 deles controladores que visitan mensualmente tóda-las explotacións, recollendo datos de produción, reprodución e mostras de leite de cada vaca, permitindo obter así unha información que unha vez procesada é remitida ao gandeiro en informes con periodicidade mensual, semestral e anual. Toda esta información serve de maneira directa para unha mellor xestión das explotacións, xa non so a nivel reprodutivo ou xenético, senón tamén a nivel sanitario, alimentario, ou de recría; e de maneira indirecta con todos eses datos realízanse as avaliacións xenéticas oficiais a nivel nacional, que permiten valorar os touros utilizados na inseminación artificial tanto a nivel productivo como morfolóxico.