III Xornada técnica sobre mellora no manexo de gando de leite e carne
O vindeiro venres 24 de novembro celebrarase no auditorio Manuel Costa Casares do municipio de Agolada a III Xornada Técnica sobre a Mellora no Manexo do Gando Bovino de Leite e de Carne Memorial Xosé Luís Xacobo, unha iniciativa promovida pola asociación O Parapeto en colaboración con Africor Pontevedra e o Concello de Agolada.
O programa conta con charlas sobre o control de calidade de leite e outros servizos do Ligal, impartida pola directora do Ligal, Marisa Barreal; o sector lácteo, a súa historia e previsións, a cargo da xefa de recursos leiteiros de Clun, Carmen Rey; e a transferencia embrionaria como ferramenta de eficiencia reprodutiva e produtiva, da que falará o veterinario Héctor Miguel Martínez. A asistencia é libre e gratuíta.
Voltar