Programa de Feiradeza e Concurso Autonómico Fefriga 2021


O concurso morfolóxico da raza frisona Feiradeza de Lalín trasládase este ano a finais de verán e acollerá o rexional galego da raza frisona. Desta maneira, e tras a súa anulación o ano pasado pola pandemia, os días 10, 11 e 12 de setembro haberá no concello lalinense unha cita dobre, posto que se celebrarán en paralelo o XXXVI Concurso da Raza Frisoa Feiradeza 2021 e o XXIV Concurso Autonómico Fefriga 2021. O evento desenvolverase no Lalín Area, onde estarán as casetas das empresas colaboradoras e onde se celebrarán os concursos.

Os concursos estarán xulgados pola xuíza belga Martine Lambot.

PROGRMA:

Venres 10

  • Ata as 15:00 horas, entrada do gando ao recinto da feira.
  • Inauguración e concurso de peladores, a cargo do Club de Xóvenes Gandeiros de Galicia.

Sábado 11

  • Ás 12:00 horas empeza o concurso das becerras no que se elixirá á xata campioa de Feiradeza e a xovenca gran campioa de Galicia.
  • Ás 17:00 horas, como novidade, haberá un concurso de tractores. Montarase un circuíto e os condutores terán que pasalo no menor tempo posible e sen erros. Contará coa colaboración de Maxideza.
  • Ás 19:00 horas, levarase a cabo o concurso de mozos manexadores.

Domingo 12

  • Ás 10:00 horas, concurso de vacas de leite, no que se escollerá a vaca campiona de Feiradeza e a gran campiona de Galicia.
  • Ás 14:00 horas, entregaranse os premios e Fefriga realizará a entrega das mencións honoríficas aos mellores gandeiros de Galicia.
  • Ás 16:00 horas, arrincará a poxa.
  • Ás 20:00 horas, clausura do evento e saída dos animais.

Mais información: https://fefriga.com/actividades_frison2021.asp

Voltar