Lalín acollerá esta fin de semana unha nova edición de Feiradeza


As mellores frisonas das comarcas do Deza e Tabeirós-Terra de Montes participarán esta fin de semana nunha nova edición do concurso frisón Feiradeza 2016. O sábado, a partir das catro da tarde, será a quenda das seccións de xatas e xovencas e os seus correspondentes campionatos, de onde sairá a xovenca gran campiona deste ano. A continuación, terá lugar o Concurso de Novos Manexadores.

O domingo, desde as 10.30 horas, serán as vacas de leite as que desfilen na pista situada a carón do complexo deportivo Lalín Arena. Preto do mediodía saberase quen releva no podio a Manteiga Xacobeo Clementina, vaca gran campiona na edición de 2015.

Programa | Catálogo

Voltar