Touros seleccionados para a campaña de seme 2017
16-12-2016
Achegamos un arquivo coa relación de touros incluídos na campaña de seme 2017 para as ganderías en Control Leiteiro de Galicia. Tamén pode consultarse na web de Africor Lugo, nesta ligazón.
Agolada acolle a II Xornada Técnica sobre a mellora no manexo do gando bovino
23-11-2016
Polo local da terceira idade de Agolada (Pontevedra) pasarán este venres 25 de novembro varios expertos no manexo de gando bovino para falar de temas como as rutinas de muxido, a eficiencia na fertilización dos cultivos forraxeiros, a produción ecolóxica ou os efectos da xenómica nos plans de selección. Na xornada, organizada pola asociación O Parapeto, tamén se abordará a nova experiencia coa queixería na cooperativa Cobideza.
A final de vacas de Feiradeza, en vídeo!
19-09-2016
Podedes consultar na canle de TV por Internet da web da Revista Afriga os vídeos do campionato de vacas do Concurso da Raza Frisona Feiradeza 2016, celebrado os días 10 e 11 de setembro en Lalín (Pontevedra) e xulgado por Roberto Saiz.
Para ver o resto de vídeos das seccións de vacas, pique aquí.
O Concurso da Raza Frisona Feiradeza 2016, en vídeo!
15-09-2016
Podedes consultar na canle de TV por Internet da web da Revista Afriga os vídeos das seccións de xatas e xovencas do Concurso da Raza Frisona Feiradeza 2016, celebrado esta fin de semana en Lalín (Pontevedra) e xulgado por Roberto Saiz.
Baroncelle Betanzos Andrea gaña a final de vacas Feiradeza 2016
12-09-2016
Trátase dunha frisona de 3 anos, propiedade da gandería Rato (Rodeiro), e foi proclamada vaca gran campiona do 22.º Concurso de Raza Frisona Feiradeza 2016, celebrado esta fin de semana en Lalín. Baroncelle Betanzos Andrea substitúe no posto a Manteiga Xacobeo Clementina, da gandería Manteiga.