A gandería pontevedresa Manteiga gaña o concurso frisón da Moexmu
09-04-2018
Manteiga Shottle Luna, da gandería Manteiga, de Vila de Cruces, proclamouse este sábado como vaca gran campiona do XXXII Concurso de Gando Frisón da Moexmu. O certame tivo lugar no recinto feiral Manuel Vila de Muimenta (Cospeito, Lugo) e contou coa participación de máis de 70 animais procedentes de 15 ganderías de Lugo, A Coruña e Pontevedra.
Premios ás mellores ganderías da Estrada e Forcarei
07-03-2018
O Concello da Estrada, en colaboración con Africor Pontevedra, recoñeceu ás dez mellores explotacións dos municipios da Estrada e Forcarei nun acto celebrado o pasado 2 de marzo ao que asistiu a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez.
III Xornada técnica sobre mellora no manexo de gando de leite e carne
14-11-2017
O vindeiro venres 24 de novembro celebrarase no auditorio Manuel Costa Casares do municipio de Agolada a III Xornada Técnica sobre a Mellora no Manexo do Gando Bovino de Leite e de Carne Memorial Xosé Luís Xacobo, unha iniciativa promovida pola asociación O Parapeto en colaboración con Africor Pontevedra e o Concello de Agolada.
Carballeiras Bruno Bruna, vaca gran campiona Feiradeza 2017
10-07-2017
A frisona de sete anos propiedade da gandería Carballeiras, de Lalín, foi proclamada o domingo vaca gran campiona do 23.º Concurso de Raza Frisona Feiradeza 2017, celebrado esta fin de semana en Lalín. Bruna substitúe no posto a Baroncelle Betanzos Andrea, da gandería Rato, de Rodeiro.
A gandería Carballeiras recolleu o premio de xovenca gran campiona Feiradeza 2017
10-07-2017
A frisona Carballeiras Beemer Niura ten 10 meses e dende o sábado conta coa distinción de xovenca gran campiona Feiradeza 2017. O certame continou o domingo coas seccións de vacas e a posterior elección da gran campiona por parte do xuíz nacional de Conafe Santiago Souto.